Dentro desta subliña contémplanse aspectos como a avaliación do risco ambiental a través da aplicación de diferentes metodoloxías como Análises de Ciclo de Vida Ambiental e a obtención de diferentes indicadores de avaliación como Pegada de Carbono, Pegada Ecolóxica e a integración dos mesmos mediante análises multicriterio desenvolvidos polo grupo GI-2058 da USC, a minimización do consumo de auga a través do deseño e optimización dos procesos máis demandantes deste recurso, e a valorización de subproductos.

O obxectivo é acadar idealmente o concepto de residuo cero, o que no caso de efluentes supoñería a reutilización final da auga resultante do proceso de valorización-depuración.


Contidos relacionados