Esta subliña pon o foco de estudo no desenvolvemento de procesos de baixo impacto ambiental para as distintas operacións da industria alimentaria. Entre eles cabe citar a aplicación de altas presións hidrostáticas na conservación de alimentos e o emprego de encimas que faciliten a limpeza das instalacións industriais, reducindo tanto o volume de auga empregada como o uso de produtos químicos contaminantes.

En ambos os casos o grupo AA1 ten traballos previos realizados, entre os que cabe citar a procura de novas encimas termoestables de interese para a industria a partir da microbiota de augas termais, ou un proxecto de empresa no que se identificou unha encima para a elaboración dun produto de limpeza que resultou efectivo para a eliminación de restos de glute.

Nesta subliña considérase que o profundo coñecemento do grupo S3 en mecanismos e modelización da dinámica molecular permitirá obter resultados de maior valor cualitativo no que respecta aos procesos de catálise encimática, encapsulación e texturización, ou no efecto das altas presións hidrostáticas.


Contidos relacionados