O emprego de subprodutos e residuos como insumos na agricultura expón o problema potencial da presenza de contaminantes nas materias primas e a súa persistencia e mesmo degradación a novos compostos tóxicos nos produtos finais.

O grupo AA1 ten unha ampla traxectoria investigando o desenvolvemento de procedementos analíticos baseados fundamentalmente en técnicas cromatográficas avanzadas adecuados para detectar compostos tóxicos e contaminantes en concentracións traza en matrices alimentarias, e no estudo da persistencia dos contaminantes a través de toda a cadea de produción.

Preténdese por tanto continuar esta liña, co obxectivo a medio ou longo prazo de ampliar a potencia analítica do clúster con tecnoloxías ómicas que permitan á súa vez abordar o estudo da autenticidade e trazabilidade alimentaria de forma eficiente e segura.
Neste sentido contémplase tamén o desenvolvemento da tecnoloxía Blockchain co apoio do grupo LIA2.


Contidos relacionados