Dada a importancia da microbiota do chan sobre a saúde dos cultivos, prestarase especial atención ao estudo do comportamento das comunidades microbianas dos chans en función do tipo de insumos, aplicación de residuos como emendas e tratamentos fitosanitarios, e técnicas de labra. Para iso combínanse as capacidades de investigadores do BV1 en técnicas de marcaxe isotópico, con investigadores do grupo AA1 en extracción de ADN xenómico e investigadores do grupo LIA2 en bioinformática.


Contidos relacionados