Esta subliña expón liquidar as dificultades que actualmente presenta a micropropagación de especies de cultivo a gran escala.

O grupo BV6 ten experiencia previa neste tema con kiwi, axudándose para iso de TIC´s, para o cal o grupo LIA2 resulta de gran axuda.

Nesta subliña, investigadores do grupo BEV1, con ampla experiencia en biotecnoloxía aplicada a especies leñosas, desenvolven e aplican métodos biotecnolóxicos a especies de interese agrícola ou forestal. Estes métodos poden incluir técnicas de cultivo in vitro consolidadas, como a micropropagación, ou métodos avanzados de mellora como a embrioxénese somática asociada a análise xenómica. Pode ser un obxectivo o desenvolvemento de métodos de edición xenómica para a análise xenética e a mellora das especies de interese.


Contidos relacionados