A elaboración de alimentos con propiedades funcionais ou a procura de novas fontes de materias primas a partir de descartes agrícolas e subprodutos da industria alimentaria constitúen unha importante estratexia para a redución dos insumos da agricultura (auga e fertilizantes).

Investigadores dos grupos AA1, EQ11 e BV1 teñen experiencia nesta subliña dende distintas aproximacións como son a produción de probióticos, acedo láctico ou xilitol, ou a extracción de compostos fenólicos a partir de subproductos alimentarios, o que se pretende continuar explorando o potencial de distintos subprodutos, ingredientes e tecnoloxías.

O grupo AA1 coordina, ademais, a “Rede Ibérica de investigación en polifenoles” (IBERPHENOL) do programa UE/INTERREG “POCTEP 2016”.


Contidos relacionados