• Contaminación de ecosistemas acuáticos.
  • Esta liña apóiase na experiencia previa de investigadores do grupo BV1 no estudo de zonas húmidas, especialmente o papel das zonas húmidas en ciclo bioxeoquímico global de contaminantes que se transfiren aos ecosistemas acuáticos dende os medios terrestres (solos) e a atmosfera (p. ex. Hg ou compostos aromáticos policíclicos).

  • Métodos analíticos avanzados.
  • Esta liña de investigación trata de desenvolver técnicas de análise de alta sensibilidade e selectividade que permitan identificar e cuantificar contaminantes de distinta natureza (metais pesados, antibióticos, nutrientes, COPs…) en niveis traza, e que proporcionen información posible. A nosa experiencia baséase en proxectos de investigación realizados no marco do seguimento dos niveis e orixe de nitratos en augas empregando técnicas de análise isotópica polo grupo AA1, e de pesticidas no entorno de zonas de agricultura intensiva.


Contidos relacionados