Esta subliña é necesaria para validar todos aqueles produtos ou procesos que se desenvolveron dentro dalgunha das subliñas contempladas na axenda científica do clúster.

Cóntase para iso tamén con experiencia nos grupos AA1 e EQ4 en cata de diversos alimentos, tanto desenvolvidos dentro de proxectos propios de investigación como en probas de consumidor organizadas con grandes empresas do sector alimentario.

Preténdese, ademais, desenvolver sistemas de control de calidade avanzados baseados no emprego de TIC’s relacionadas con visión artificial, para o que se conta coa experiencia previa neste tema do grupo LIA2.


Contidos relacionados