Nesta subliña preténdese reducir o emprego de produtos químicos fitosanitarios que constitúen un dos principais axentes contaminantes das augas subterráneas de zonas agrícolas, investigando o efecto fitotóxico de distintos compostos naturais co fin de ser utilizados como funxicidas e herbicidas de menor impacto ambiental.

Asociada a esta subliña proponse o estudo das interaccións biolóxicas nos agroecosistemas, incluíndo aquí as alelopatías como axentes fitotóxicos.

O grupo BEV1 desenvolve nestes momentos un proxecto nacional neste sentido (BIOINPUT) correspondente á convocatoria 2016.


Contidos relacionados