Esta liña responde ao reto de compatibilizar os diferentes usos do solo: produción agro-gandeira e aceptor de residuos e subprodutos coa conservación da calidade do propio solo e das augas de infiltración e escorrentía que alimentan as reservas hídricas.

O obxectivo central é potenciar os servizos ecosistémicos do solo nas súas funcións de reciclaxe de residuos, protección, conservación e depuración da auga, baixo un contexto de agricultura maioritariamente convencional, cunha tendencia ao aumento de prácticas de valorización de subprodutos e aproveitamento de augas residuais potencialmente contaminantes para rega.


Contidos relacionados