CITACA ten un carácter estratéxico dentro do seu contexto xeográfico e socio-económico. A provincia é pioneira no desenvolvemento da agroindustria en Galicia con conflitos ambientais derivados da intensificación agrogandeira e o seu impacto afectada pola contaminación das súas augas subterráneas

Mostra diso é o interese expresado a través de senllas cartas de apoio á Agrupación pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o INORDE (pertencente á Deputación de Ourense), cuxa preocupación polos obxectivos do clúster ponse de manifesto na participación de ambas as institucións nun proxecto LIFE (Rexenera Limia), agora finalizado, orientado nese caso para facer compatible a actividade gandeira da zona coa calidade das augas.

CITACA contribúe á consecución dos obxectivos marcados en varios dos retos e prioridades establecidas na Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia RIS3, concretamente co reto de “Xestión innovadora de recursos naturais e culturais” na súa prioridade “Modernización da acuicultura, gandería e sector agrario” e co reto “Novo modelo de vida saudable” na súa prioridade “Alimentación saudable e segura”.

Cabe citar, ademais, o encaixe directo dos obxectivos do clúster dentro das directrices marcadas no borrador do documento da Estratexia Española de Economía Circular de febreiro de 2018, onde se sinala o sector agroalimentario como un dos cinco sectores prioritarios e concrétase a importancia da protección dos recursos hídricos e, por outra banda, na Plataforma Tecnolóxica Española da auga.