Os obxectivos de CITACA cobren a necesidade de profundar na investigación e xerar coñecemento e técnicas transferibles para o desenvolvemento de sectores que implican usos e aproveitamentos dos elementos que constitúen a cadea de produción de alimentos. En consecuencia, os obxectos de estudo son a auga, o chan, o desenvolvemento vexetal e as interaccións entre comunidades vexetais, a valorización de residuos como fertilizantes e emendas nos chans, a presenza de contaminantes nas materias primas alimentarias derivadas do manexo dos cultivos e a elaboración de alimentos. En todos os casos o enfoque prioritario é a sustentabilidade ambiental e, de forma especial, os efectos destes usos e aproveitamentos sobre a calidade das augas e a posible alteración dos ecosistemas acuáticos.

Con esta formulación integral, a Agrupación expón tres liñas de investigación prioritarias en función dos recursos e capacidades dos seus integrantes e das áreas de interese futuras detectadas nas tendencias sociais, así como nos programas de financiamento rexionais, nacionais e europeos. Destácanse aqueles ámbitos de traballo máis relevantes dentro de cada liña de investigación.

1. Auga e solo: protección dos recursos hídricos

Esta liña responde o desafío de compatibilizar os diferentes usos do chan: produción agro-gandeira e aceptor de residuos e subproductos, coa conservación da calidade do propio chan e das augas de infiltración e escorrentía que alimentan as reservas hídricas. O obxectivo central é potenciar os servizos ecosistémicos do chan nas súas funcións de reciclaxe de residuos, protección, conservación e depuración da auga, baixo un contexto de agricultura maioritariamente convencional, cunha tendencia ao aumento das prácticas de valorización de subproductos e aproveitamento para rega de augas residuais potencialmente contaminantes. As sublíneas de investigación son as seguintes:

1.1. Contaminación biótica e abiótica en ecosistemas acuáticos de auga doce

1.2. Transporte de contaminantes no sistema cultivo-solo-auga

1.3. Recuperación de solos degradados

1.4. Modelado medioambiental

2. Produción primaria sustentable

Esta liña ten como obxectivo o aproveitamento racional dos recursos, insumos e subproductos implicados en la produción primaria agrícola mediante o desenvolvemento de procesos, metodoloxías e tecnoloxías para un uso eficiente e seguro dos mesmos. Para iso defínense las seguintes sublíneas:

2.1. Resposta vexetal ao estrés hídrico

2.2. Busca de insumos para o manexo sustentable de cultivos e malas herbas

2.3. Valorización de subprodutos e residuos para uso agrícola

2.4. Ecosistema microbiano do solo

2.5. Estudo e manexo sustentable do estado fenolóxico e fitosanitario de cultivos

2.6. Desenvolvemento e aplicacións da biotecnoloxía en cultivos agrícolas

2.7. Desenvolvemento eficiente e sostible de ecosistemas

3. Seguridade e calidade alimentaria: competitividade e sustentabilidade

Esta liña pretende contribuír ao desenvolvemento dunha industria agroalimentaria competitiva e sostible ambientalmente, baseada na produción de alimentos seguros, de elevada calidade nutricional, organoléptica e funcional, e que reduza o consumo de auga e outros recursos. Dentro desta formulación global establécense como prioritarias as seguintes sublíneas:

3.1. Estratexias de seguridade alimentaria e autenticidade dos alimentos

3.2. Desenvolvemento de produtos: alimentos funcionais, novas materias primas e ingredientes

3.3. Novas técnicas de procesado

3.4. Calidade de augas de bebida e alimentos

3.5. Sustentabilidade ambiental na industria alimentaria