Promovemos o establecimento de colaboracións con diferentes administracións, institucións públicas e privadas, asociacións, organizacións non gubernamentais, e calquera outra entidade que poda contribuir ao cumplimento da misión de CITACA

O persoal investigador do clúster participa nas seguintes redes:

Redes internacionais

 

Redes nacionais

 

Redes autonómicas

  • Rede Galega de Riscos Emerxentes en Seguridade Alimentaria (RISEGAL)
    A rede nace no ano 2017 como unha oportunidade de canalizar o coñecemento de diversos expertos en seguridade alimentaria da comunidade autónoma galega. Está formada por un grupo de traballo multidisciplinar cun elevado potencial sinérxico, con capacidade de desenvolver liñas de investigación que permitan deseñar estratexias preventivas que incrementen a seguridade do consumidor e reforcen a competitividade do sector en Galicia. RISEGAL conta ademais coa colaboración do sector agroalimentario de Galicia a través do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) e da Rede Galega de Vixilancia en Saúde Pública (RGVSP), responsable de monitorar e controlar os problemas de saúde da poboación galega. (AA1, EQ4).
    Esta rede é liderada pola investigadora do CISIC asociada á Agrupación, Marta López Cabo.
  • Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA)
    Opera nunha estrutura organizada do sector alimentario galego, integrando ás empresas, así como entidades de investigación e innovación e outras organizacións, en procesos de cooperación que permitan obter beneficios derivados da aplicación de accións e proxectos colaborativos (EQ4)
  • Rede de Ciencias e Materiais Moleculares (RCMM)
    Coordinada polo Prof. Enrique Guitián (USC), formada por oito grupos de investigación das tres universidades galegas (QO3)
  • Rede de uso sustentable de recursos e residuos – REDUSO
    Coordinador. Grupos de investigación da UVigo: BV6, C18, QF2 e Se06.

 

O persoal investigador do clúster tamén mantén colaboracións activas con numerosos grupos doutras institucións nacionais e estranxeiras, aínda que a maioría non se integren formalmente en redes recoñecidas oficialmente.
Estas colaboracións maniféstanse a través dos traballos de investigación que se recollen noutros apartados desta páxina.