Xornada “Vías profesionais tras a tese doutoral”

8 de novembro de 2019 ás 10.00 h
Salón de graos do Edificio Politécnico, campus de Ourense

Conscientes das dificultades que presenta no panorama laboral actual o desenvolvemento da carreira investigadora dun xeito estable, pero conscientes tamén da necesidade de mostrar a relevancia da mesma para a xeración do coñecemento decisivo no progreso da sociedade, prográmase esta actividade coa que se pretende abordar desde o punto de vista científico as saídas profesionais da carreira investigadora, en especial no ámbito de ciencias da vida e tecnoloxías agroalimentarias, a partir do relato de varios casos de éxito. Vaise presentar o testemuño profesional e persoal de distintos posdoutorais que desenvolven a súa carreira laboral en ámbitos diversos, ofrecendo deste xeito unha visión plural co obxecto de que poida servir de exemplo e de estímulo para todas aquelas persoas que están xa dedicadas, ou teñen pensando dedicarse á carreira investigadora.

Asociada a esta xornada realizarase unha exposición na Facultade de Ciencias de Ourense dunha selección de ilustracións científicas realizadas pola Doutora María Lamprecht, algunhas delas publicadas no libro “La Vida: Un Viaje hacia la Complejidad en el Universo”.

O programa da actividades comprende unha presentación por cada un dos participantes durante 15 minutos con 5 minutos de quenda de preguntas, e remataremos a xornada cun debate entre todos os participantes.

Descarga o programa