A universidade, como axente xerador e transmisor do coñecemento, ten a obriga de achegarse á sociedade mediante a divulgación e a transferencia, sendo este un dos maiores retos aos que se enfronta. A transmisión a todos os públicos do coñecemento xerado, a concienciación sobre a repercusión e rendibilidade do labor investigador en todos os ámbitos, e o aumento da cultura científica da sociedade, deben ser considerados obxectivos estratéxicos prioritarios de calquera universidade pública.

Neste senso, o CITACA, como parte da Universidade de Vigo, e dacordo co seu plan de comunicación e divulgación, ten a súa páxina web coma o portal no que publicitar as actividades de divulgación levadas a cabo polos integrantes da Agrupación Estratéxica, co fin de garantir un maior impacto das súas actividades.


  • Seminario Embrioxénese somática da vide, impartido por Manuel Rey Fraile, profesor titular de Fisioloxía Vexetal da Universidade de Vigo, no Instituto de Ciencias de la Vid y del Vino (ICVV: Gobierno de La Rioja, CSIC y Universidad de La Rioja), o 24 de maio de 2019.

  • Video no que se pon en relevo a importancia dos polinizadores como vectores de polinización nos cultivos. A rápida expansión que sufreu a agricultura nas últimas décadas para dar resposta ó aumento demográfico da humanidade está xerando una paisaxe uniforme con problemas de baixa produtividade, perda de biodiversidade e plagas. Esta nova paisaxe, máis homoxénea, afecta a calidade dos servizos de polinización que os cultivos precisan. Neste senso, unhas prácticas agrícolas sostibles e respetuosas co medio ambiente revertirían nun beneficio común.

    Este vídeo é unha produción do Clúster de Investigación e Transferencia Agroalimentaria do Campus da Auga (CITACA), financiado pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia, e contou co apoio dos proxectos CYTED 417RT0527 e CYTED 418RT0555.

    Máis información na web de Divulgare.