Congreso Ibérico de Compostos Fenólicos

Portada Iberphenol 2019
Congreso Iberphenol 2019

O vindeiro 2 de outubro de 2019 organízase o Congreso Ibérico de Compostos Fenólicos, no que participa o CITACA como entidade colaboradora e que terá lugar na Facultade de Ciencias do Campus de Ourense (Universidade de Vigo).

Podes consultar o programa do congreso e enterarte de tódalas novas na web do Congreso Iberphenol.

Este congreso será un punto de encontro entre os investigadores do Iberphenol, onde se abordarán os seguintes temas: agroindustrias fenólicas; compostos fenólicos e economía circular; compostos fenólicos e sabor; compostos fenólicos e propiedades bioactivas; e compostos fenólicos e saúde.

Iberphenol é unha rede cooperativa de investigación no ámbito de polifenoles e as súas aplicacións industriais, fundada por POCTEP (Programa de Cooperación Internacional para España e Portugal, 2014-2020; Ref. 0377_IBERPHENOL_6_E).

A preparación do proxecto nace da idea da Universidade de Salamanca de potenciar o traballo de investigación que se leva varios anos realizando no grupo de investigación GIP (Grupo de Investigación en Polifenoles). O grupo de investigación GIP mantiña colaboracións estables co resto de membros incluidos neste consorcio. Co obxectivo de reforzar estas unións e plantexar obxectivos moito máis ambiciosos que os levados a cabo ata agora se plantexa a creación da Rede IBERPHENOL – Red Ibérica de Investigación en Polifenoles.

O propósito de Iberphenol é establecer unha rede de investigación temática sobre polifenoles, promovendo os seguintes eixes de actuación:

  • Fomentar a integración das capacidades de investigación e desenvolvemento nesta área.
  • Promover a formación e mobilidade de investigadores entre centros académicos e empresas.
  • Desenvolvemento de proxectos colaborativos de I+D (implicando a centros de investigación e empresas), co obxecto de producir resultados explotables principalmente aplicados á industria agroalimentaria e á saúde e cosmética.
  • Fomentar a transferencia de tecnoloxía entre as institucións públicas e o tecido productivo.