O Comité de Dirección está formado polo Director/Coordinador e os responsables do Comité Executivo e do Comité Científico.

As súas funcións son:

  • Aprobar a memoria anual de actividades.
  • Planificar e dinamizar as relacións co Comité Asesor.
  • Planificar a reunión anual co Consello Reitor.
  • Establecer as competencias da Secretaría Técnica.

Este Comité conta co asesoramento do Consello Asesor formado por unha representación dos principais axentes do ecosistema do sector agroalimentario e ambiental, e ten como función, definir e transmitir ao clúster as necesidades do sector agroalimentario e ambiental. Ademais doutras posibles entidades e/ou empresas que se explorarán no Comité de Dirección, proponse a incorporación da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, o INORDE e CLUSAGA como integrantes de referencia no Consello Asesor pola súa relación directa cos sectores socioeconómicos ligados a cada unha das tres liñas de investigación definidas para o clúster.

A Directora/Coordinadora como representante do clúster, ten as seguintes funcións:

  • Liderar e coordinar as reunións do Comité de Dirección.
  • Elaborar a memoria anual de actividades.
  • Realizar un seguimento das tarefas da Secretaría Técnica.

A Secretaría Técnica de CITACA está apoiada polas unidades de xestión da Universidade de Vigo, tanto polo Servizo de apoio á investigación (a través de convocatorias públicas autonómicas e nacionais), como pola Oficina de I+D, nas súas áreas de transferencia e internacionalización.

Esta Secretaría Técnica exerce de xestor da agrupación e ten as funcións seguintes:

  • Levar a cabo a xestión administrativa do clúster.
  • Comercializar os servizos científicos-tecnolóxicos do clúster.
  • Elaborar e presentar memorias de proxectos europeos.

Esta secretaría técnica esta formada por dous técnicos/as: un especializado/a en comunicación e transferencia, así como en xestión e administración; e outro centrado na xestión da internacionalización de CITACA.