O Comité Científico está formado polos IP´s dos grupos de investigación e organizado en tres Comisións de Traballo en función das liñas de investigación da Agrupación.

As Comisións de Traballo son:

  • Comisión de traballo da liña de investigación “Auga e solo: protección dos recursos hídricos”.
  • Comisión de traballo da liña de investigación “Produción primaria sustentable”.
  • Comisión de traballo da liña de investigación “Seguridade e calidade alimentaria: competitividade e sustentabilidade”.

As principais funcións do Comité Científico céntranse en:

  • Planificar a estratexia científica de investigación e innovación do clúster.
  • Coordinar os proxectos que xurdan en cada unha das liñas de investigación.
  • Realizar unha autoavaliación anual e propoñer mecanismos de mellora ao Comité de Dirección.
  • Planificar reunións periódicas co Comité executivo do Clúster 1 “Alimentación, medioambiente e TIC” do Campus da Auga.
  • Planificar e xestionar o contacto co Comité científico Externo Internacional.

Este Comité está apoiado directamente polo Comité Científico Externo Internacional, integrado por personalidades de recoñecido prestixio internacional no sector agroalimentario e ambiental, e ten entre as súas funcións:

  • Avaliar a estratexia do clúster.
  • Atender as consultas do Comité de Dirección.
  • Asesorar e realizar recomendacións ao clúster.

Premendo no seguinte enlace pódese acceder ás actas das reunións do Comité Científico. O acceso está limitado ó persoal do CITACA.