Organigrama CITACA en galego
Fai clic na imaxe para ampliar

O clúster CITACA aposta pola colaboración estable entre as súas unidades de investigación para potenciar o desenvolvemento de actividades de I+D e de transferencia do coñecemento. Co obxectivo de seguir xerando e consolidando colaboracións entre as devanditas unidades, deseñouse un modelo de gobernanza para favorecer as relacións acorde ás necesidades organizativas do clúster.

Esta estrutura do modelo de gobernanza permite dunha forma eficaz e sustentable a consecución dos obxectivos estratéxicos do clúster, respostando ás necesidades actuais do mesmo, a través da constitución dun Comité de Dirección liderado pola Directora/Coordinadora como máximo responsable da entidade e apoiado por unha Secretaría Técnica encargada de prestar servizo en diferentes tarefas, tanto administrativas como de comercialización, xestión e internacionalización.

Formarase tamén un Comité Executivo formado por diferentes áreas temáticas especializadas, e un Comité Científico cuxa función principal é planificar a estratexia científica de investigación e innovación do clúster.