Misión

A principal misión do clúster é a creación dunha rede multidisciplinar e integrada de unidades de investigación, docencia e transferencia de tecnoloxía e coñecemento a fin de contribuír á sustentabilidade ambiental e competitividade do sector agroalimentario, co fin de garantir auga e alimentos sans e saudables.

Visión

Promover a creación dun Centro que constitúa o elemento tractor do Campus da Auga e o instrumento de referencia internacional para a innovación do sector agroalimentario e a protección da súa contorna natural coa auga como foco central, implicando aos axentes vinculados á actividade e converténdoos en aliados estratéxicos da actividade investigadora e de transferencia de tecnoloxía.