Páxina Principal

Auga e solo: protección dos recursos hídricos

 
Estudamos a compatibilidade dos diferentes usos do solo: produción agro-gandeira e aceptor de residuos e subprodutos coa conservación da calidade do propio solo e das augas de infiltración e escorrentía que alimentan as reservas hídricas.
 

Produción primaria sustentable

 
Traballamos no aproveitamento racional dos recursos, insumos e subproductos implicados na produción primaria agrícola mediante o desenvolvemento de procesos, metodoloxías e tecnoloxías para un uso eficiente e seguro dos mesmos.
 

Seguridade e calidade alimentaria: competitividade e sustentabilidade

 
Contribuimos ao desenvolvemento dunha industria agroalimentaria competitiva e sustentable ambientalmente, baseada na produción de alimentos seguros, de elevada calidade nutricional, organoléptica e funcional, e que reduza o consumo de auga e outros recursos.
 

Liñas de investigación

1. Sustentabilidade ambiental agroalimentaria

1.1. Saúde e produtividade de chans e recursos hídricos

1.2. Produción vexetal Redución do uso de auga e fertilizantes químicos

1.3. Produción circular

 

2. Competitividade da industria alimentaria

2.1. Seguridade, autenticidade e calidade alimentaria

2.2. Desenvolvemento de ingredientes e produtos para alimentación humana e animal con propiedades melloradas ou diferenciadas Extracción/produción, caracterización e funcionalidade de substancias bioactivas procedentes de matrices ambientais e alimentarias

2.3. Tecnoloxías eficientes e seguras de procesado, conservación e envasado Mellora, deseño, desenvolvemento e control de tecnoloxías de procesado e conservación