III Congreso Internacional da Auga

CITACA Universidade de Vigo
CITACA Universidade de Vigo

O III Congreso Internacional da Auga titulado “Auga, sociedade e territorio” inscríbese no marco de estudo e investigación do Campus da Auga do campus de Ourense da Universidade de Vigo e, do mesmo xeito que nas edicións anteriores, o principal obxectivo é ofrecer un punto de encontro para reflexionar e intercambiar coñecementos sobre aspectos significativos relacionados coa auga.

Esta edición, organizada pola Facultade de Historia e membros do Grupo de Investigación GEAAT do Campus de Ourense, presenta un carácter multidisciplinar, analizando aspectos concretos sobre a realidade histórica, artística e xeográfica da auga e o ser humano, en diferentes territorios e sociedades.

Dentro da temática xeral sobre a auga, este III Congreso Internacional propón analizar diferentes liñas de investigación, nas que se contará coa participación de especialistas de referencia que, ademais de contextualizar a materia, expoñerán en forma de relatorio, diferentes resultados ou modelos de investigación de acordo cos seguintes bloques temáticos:

  1. Caput aquae. Arquitectura e sistemas de captación desde a prehistoria ata a época medieval.
  2. Arquitectura da auga e o territorio na época moderna.
  3. Arqueoloxía das paisaxes fluviais: ocupación, comunicación e explotación.
  4. Protección e xestión da auga no mundo actual.

Enfocado aos investigadores e investigadoras que traballen sobre a temática da auga en diferentes escalas espazo-temporais. Baixo o epígrafe “Auga, sociedade e territorio” esperamos converter á cidade de Ourense (Galicia, España) nun foro de debate que aborde esta temática desde unha perspectiva multidimensional, tanto no ámbito da Península Ibérica como fóra dela.

Visita a web do Congreso