A investigadora Concepción Pérez Lamela incorpórase ao Grupo Europeo de Investigación en Altas Presións

Fotografía Conchi Pérez Lamela CITACA
Fotografía Conchi Pérez Lamela CITACA

Concepción Pérez Lamela, investigadora da Área de Nutrición e Bromatoloxía do Departamento de Química Analítica e Alimentaria da Universidade de Vigo, incorpórase ao Grupo Europeo de Investigación en Altas Presións. O seu nomeamento, proposto no último congreso anual da entidade, recoñece o seu traballo no procesado de alimentos mediante esta técnica ao longo de dúas décadas.

O Grupo Europeo de Investigación en Altas Presións (EHPRG) naceu en 1963 a iniciativa dun grupo de científicos e enxeñeiros involucrados na investigación en altas presións, que decidiron reunirse anualmente para o intercambio de coñecemento e o fomento da investigación neste eido, “unha disciplina de rápido crecemento con resultados aplicables a moi diversos campos da ciencia, a tecnoloxía e a biotecnoloxía”, segundo indican desde a propia entidade. Foi precisamente no último encontro deste comité, que reuniu a principios de setembro en Aveiro, Portugal, a arredor de 200 expertos e expertas procedentes dun amplo abano de países, cando o presidente do congreso, Jorge Aleixandre Saraiva, profesor na Universidade de Aveiro, propuxo a Concepción Pérez Lamela para substituílo como membro deste grupo europeo, seguindo as normas da entidade.

Ler a nova completa no DUVI