CONTRATOS DE INVESTIGACIÓN DO CITACA

Aberto novo prazo para o contrato 04.CITACA-2019 – 15/07/2019

Debido a que o contrato con referencia 04.CITACA-2019 quedou deserto, ábrese un novo prazo de 7 dias naturais para presentar novas solicitudes. As bases xerais da convocatoria e o formulario de solicitude pódense consultar e descargar no apartado de documentación. Con respecto á anterior convocatoria, cambiaron os requisitos de acceso e o baremo de avaliación. Os requisitos propios desta praza pódense consultar no seguinte documento:

pdf_iconRequisitos 04.CITACA-2019 pdf_iconListaxe provisional

Finalidade


A convocatoria ten como obxecto a captación de persoal investigador e tecnólogo/as que contribúa ao desenvolvemento da axenda científica e á consecución dos obxectivos estratéxicos da Agrupación, a través da financiación de dez contratos laborais temporais.

As actuacións a desenvolver polo persoal contratado van dirixidas a alcanzar algún destes obxectivos:

  • Apoiar as liñas científicas estratéxicas da Agrupación, tanto aquelas xa consolidadas e de alto impacto científico, como aquelas liñas novas innovadoras que permitan aumentar as capacidades da Agrupación e precisen dunha primeira fase exploratoria.
  • Promover a multidisciplinariedade que permita abordar retos científicos e tecnolóxicos mais ambiciosos.
  • Facilitar a colaboración interna dentro da Agrupación, e a externa con outros grupos e entidades que complementen as capacidades da Agrupación.
  • Fomentar a transferencia de resultados ao sector socioeconómico.
  • Impulsar a internacionalización.
  • Contribuír á visibilidade da Agrupación, e á difusión do coñecemento científico.

Réxime Xeral


Convócase un máximo de 10 contratos laborais temporais co obxectivo antes descrito. Estes contratos están financiados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia dentro do programa de “Axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema Universitario de Galicia”, na convocatoria 2018.

Características dos contratos


  • Salario bruto mensual:
    • Tecnólogos/as, Graduados/as e Máster: 1150.00 €/mes.
    • Persoal investigador Postdoc: 1250.00 €/mes
  • Duración do contrato: do 22 de xullo ó 31 de decembro de 2019.
  • Xornada de traballo: A tempo completo.

Requisitos dos solicitantes


Os detallados no Anexo I da convocatoria para cada un dos contratos.

Forma e prazo de presentación de solicitudes


O prazo de presentación de solicitudes será de 7 días naturais dende o día seguinte a publicación desta convocatoria na páxina web do CITACA e no taboleiro de convocatorias da páxina web da Universidade de Vigo.

As solicitudes e a documentación adxunta se remitirán por correo electrónico ao enderezo: citaca_sec@uvigo.es. Indicando no asunto do correo a referencia do contrato solicitado.

Rematado o prazo de presentación de solicitudes publicarase a lista provisional de persoas admitidas e excluidas na páxina web de CITACA, abrindo un prazo de 5 días naturais a partir do día seguinte da publicación para emendar erros ou achegar os documentos preceptivos. No caso de que todas as persoas aspirantes figuren admitidos, darase por cumprido este trámite. Trascorrido ese prazo publicarase a resolución definitiva das persoas admitidas e excluídas.

O/a solicitante deberá acompañar obrigatoriamente, no momento da presentación, a documentación prevista nas bases específicas de cada contrato.

A presentación da solicitude leva implícito o coñecemento e aceptación de todas as condicións indicadas nesta convocatoria.

Medios de publicación


Todas as comunicacións referidas a esta convocatoria serán publicadas para os efectos de notificación na páxina web do CITACA

Poderán realizarse as comunicacións individuais que resulten necesarias ao correo electrónico sinalado no formulario de solicitude sen que éstas teñan a consideración de notificación.

Documentos da convocatoria


pdf_iconConvocatoria e Anexo I pdf_iconAnexo II – Solicitude

Listaxes provisionais


pdf_iconRef. 01.CITACA-2019 pdf_iconRef. 02.CITACA-2019 pdf_iconRef. 03.CITACA-2019 pdf_iconRef. 04.CITACA-2019 pdf_iconRef. 05.CITACA-2019
pdf_iconRef. 06.CITACA-2019 pdf_iconRef. 07.CITACA-2019 pdf_iconRef. 08.CITACA-2019 pdf_iconRef. 09.CITACA-2019 pdf_iconRef. 10.CITACA-2019

Listaxes definitivas


pdf_iconRef. 01.CITACA-2019 pdf_iconRef. 02.CITACA-2019 pdf_iconRef. 03.CITACA-2019 pdf_iconRef. 04.CITACA-2019 pdf_iconRef. 05.CITACA-2019
pdf_iconRef. 06.CITACA-2019 pdf_iconRef. 07.CITACA-2019 pdf_iconRef. 08.CITACA-2019 pdf_iconRef. 09.CITACA-2019 pdf_iconRef. 10.CITACA-2019

AXUDAS PROPIAS PARA O FINANCIAMENTO DE VISITAS DE PERSOAL INVESTIGADOR/DOCENTE NA AGRUPACIÓN ESTRATÉXICA CITACA

Finalidade


A convocatoria ten como obxectivo atraer a persoal investigador/docente de prestixio, en especial internacional, que contribúa á formación dos integrantes de CITACA e/ou á internacionalización de CITACA, no ámbito dalgunha das tres áreas de investigación prioritarias de CITACA:

  • Auga e Solo: Protección dos recursos hídricos. O seu obxectivo é potenciar os servizos ecosistémicos do solo en función da súa protección, conservación e depuración da auga nun contexto de agricultura maioritariamente convencional e de valorización de subprodutos e de augas residuais potencialmente contaminantes.
  • Produción primaria sostible. O seu obxectivo é potenciar o aproveitamento racional dos recursos, insumos e subprodutos implicados na produción primaria agrícola mediante o desenvolvemento de procesos, metodoloxías e tecnoloxías para un uso eficiente e seguro dos mesmos.
  • Seguridade e calidade alimentaria: Competitividade e sostibilidade. O seu obxectivo é potenciar o desenvolvemento dunha industria agroalimentaria competitiva e sostible baseada na produción de alimentos seguros, de elevada calidade nutricional, organoléptica e funcional, e que reduza o consumo da auga e outros recursos.

Formalización das solicitudes e prazo de presentación

Poderá presentar solicitudes o Persoal Docente e Investigador (PDI) permanente e o Persoal Posdoutoral de Programas, pertencentes a un grupo de investigación adscrito a CITACA.
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta convocatoria na páxina web de CITACA, e permanecerá aberto ata o día 23 de setembro.

As solicitudes serán remitidas pola persoa solicitante en formato electrónico á dirección de correo da Secretaría Técnica de CITACA: citaca@uvigo.es, incluíndo o formulario de solicitude, (Anexo I), e a documentación requirida segundo se indica no apartado 7. Contido das solicitudes.

pdf_iconConvocatoria pdf_iconAnexo I pdf_iconAnexo II pdf_iconAnexo III

PROGRAMA DE MOBILIDADE INTERNACIONAL DO CITACA

Finalidade


A convocatoria ten como obxectivo contribuir a financiar o desprazamento de persoal investigador e técnico de CITACA co obxectivo de:

  • Facilitar o intercambio de coñecemento científico, favorecendo a transferencia e difusión de resultados, e a mellora e internacionalización da actividade investigadora.
  • Axudar ao finanzamento de estadías en centros de investigación para ampliar a formación dos investigadores/as de CITACA, ou realizar actividades de investigación en materias e tecnoloxías de áreas que sexan claves para o avance das liñas de investigación de CITACA.

Actuacións financiables e contías


  • Modalidade A: Axudas para viaxes. A axuda irá destinada a contribuir a financiar a asistencia a congresos, reunións científicas, mesas redondas, seminarios, reunións preparatorias de proxectos de investigación, xornadas de formación ou doutras actividades similares de carácter científico que teñan o seu inicio entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro de 2019 e se organicen fóra de Galicia.

A contía máxima para o total de axudas ascende a 13 000.00 €.

  • Modalidade B: Axudas para estadías en centros de investigación. A axuda irá destinada a contribuir a financiar as estadías en centros de investigación radicados fóra de Galicia para a realización de traballos de investigación, e a utilización ou adquisición de técnicas necesarias para o desenvolvemento da actividade investigadora. A duración da estadía financiada, que se desenvolverá nun único período e centro, comprenderá entre 15 e 90 días e deberá realizarse entre o 1 de xaneiro e o 15 de novembro do 2019.
    A contía máxima para o total de axudas ascende a 10 000.00€.

Se tras a avaliación das solicitudes e a concesión das axudas para unha modalidade non se esgotara o orzamento total previsto para esa modalidade, o exceso da dita contía destinarase á financiación de actividades da outra modalidade.

Estas axudas están financiadas pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia dentro do programa de “Axudas para a mellora, creación, recoñecemento e estruturación de agrupacións estratéxicas do Sistema Universitario de Galicia”, na convocatoria 2018.

Beneficiarios


As axudas obxecto desta convocatoria poderán ser solicitadas polo persoal investigador e técnico que desenvolva a súa actividade investigadora nalgún dos grupos adscritos á Agrupación Estratéxica CITACA.

Cada solicitante poderá presentar unha solicitude para cada modalidade, priorizando a que considere. De forma xeral soamente poderá ser financiada unha delas, excepto no caso de que non se esgote o crédito dispoñible, situación na que se podería chegar a financiar as dúas solicitudes dun mesmo solicitante.

Conceptos susceptibles de axuda


Poderán ser obxecto de axuda diferentes conceptos de gasto, nas condicións e coas limitacións establecidas na convocatoria, para cada unha das modalidades.

Presentación de propostas


As solicitudes serán remitidas pola persoa solicitante en formato electrónico á dirección de correo da Secretaría Técnica de CITACA: citaca_sec@uvigo.es. Incluindo o formulario de solicitude e a documentación requerida segundo cada modalidade de axuda.

Plazo de presentación


O prazo de presentación das solicitudes comezará o 28 de xuño e permanecerá aberto ata o día 12 de xullo de 2019.

Documentos da convocatoria


pdf_iconConvocatoria pdf_iconAnexo I – Solicitude pdf_iconAnexo II – Procedemento tramitación